✍ Sonia Díaz // 📸 Alba Sotelo
O pop-rock en euskera da mítica banda bilbaína Zea Mays, que acumula máis de 20 anos de éxitos ás súas costas, e o hip hop electrónico dos valencianos Zoo protagonizan o primeiro avance do cartel da XVII edición do Festival SonRías Baixas, que encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 1, 2 e 3 de agosto de 2019.
Despois de esgotar en menos de 1h os primeiros 200 abonos para o festival, nunha oferta express na rede antes de anunciar as primeiras confirmacións, as entradas están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 26 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.