
✍📸 Manuel A. Pombal / Pedornes (Oia)
O grupo “Teatro do Ar” de Nigrán representa a obra de Pedro Rodríguez Villar titulada “Distintas compañías” na parroquia de Pedornes (concello de Oia).
A cita é para este venres, 21 de xuño, ás 20:00 h no Centro Cultural de Pedornes e está organizada pola Asociación Cultural “San Mamed” e a Asociación de Veciños “A Muruxeira”, ambas de Pedornes.