O ‘SonRías Baixas’, finalista dos Iberian Festival Awards

✍ Sonia Díaz // 📸 Alba Sotelo

O Festival SonRías Baixas é finalista nos Iberian Festival Awards, na categoría de mellor activación de marca, pola intervención artística que realizaron ao vivo, durante os primeiros concertos, o deseñador gráfico e ilustrador portugués Nuno Barbedo e máis o ilustrador suízo afincado en Bueu, Marc Taeger.

Esta innovadora e transfronteiriza proposta transmite os valores dos tres eventos implicados: o Festival Super Bock Super Bock, o Morrasound Rock Festival e o propio Festival SonRías Baixas

O 13 de marzo saberanse os gañadores, nunha gran gala que terá lugar no Teatro Afundación de Vigo. Esta é a cuarta edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.

O Festival SonRías Baixas celebrará a súa XVII edición os días 1, 2 e 3 de agosto de 2018, en Bueu. Xa anunciou as primeiras bandas, con La Pegatina, La Maravillosa Orquesta del Alcohol (la M.O.D.A.), Zea Mays, Zoo, Muyayo Rif e Periferia Norte.

As entradas para o festival, cuxo festival se pechará ao longo das próximas semanas, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 31 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies