‘Nao’ despídese dos escenarios en Santiago de Compostela

✍📸 Andrea Villa / Playplan

A banda Nao se despedirá para sempre dos escenarios o próximo 7 de decembro en Santiago de Compostela, pechando a que denominan “A derradeira xira” cun concerto repleto de colaboracións de amigos e amigas que ocuparon un lugar importante na historia da formación.

Nao, un dos referentes ideolóxicos do rock galego, ofrecerá o derradeiro concerto da banda o próximo 7 de decembro no recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela. Jasper, Gus, Torroncho e Amós preparan para a ocasión o que será un concerto único, irrepetible, cheo de emoción e que quedará para a lembranza dos catorce anos de historia dunha das bandas senlleiras do panorama musical galego.

As entradas para asistir ao concerto, que terá lugar no recinto Feiral de Amio, poden mercarse a través de www.somosnao.com e www.enterticket.es a partir de hoxe, xoves 30 de maio, nunha oferta especial de 15 € (máis gx) as 200 primeiras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies