Nace o ‘Club da Raíña Lupa’

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de comunicar o nacemento do ‘Club da Raíña Lupa”.

“O último venres do mes de abril terá lugar a primeira sesión do ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen etiquetas e sen complexos que nace ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. Un club que parte da filosofía ‘non hai idade, hai literatura’, para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
Segundo a AELG “Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición do Premio Raíña Lupa, Andrea Maceiras, e terá lugar na Sala Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro. O venres 29 de abril, será o escritor Antonio Manuel Fraga o encargado de inaugurar esta rede de encontros co público lector”.

Calendario de lecturas e encontros:
• 29 de abril: Antonio Manuel Fraga con santoamaro
• 27 de maio: Érica Esmorís con Patio de luces
• 30 de setembro: Berta Dávila con Un elefante no cuarto de estar
• 28 de outubro: Ledicia Costas con O neno de lume e Manuel Rivas con A nena lectora
• 25 de novembro: Andrea Maceiras con Que se me pare o corazón se te esquezo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies