✍ Sonia Díaz // 📸 SonRías Baixas

La Pegatina (arriba, na imaxe principal) e La Maravillosa Orquesta del Alcohol (la M.O.D.A.) súmanse ao cartel da XVII edición do SonRías Baixas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu.

Ademáis destas dúas bandas, das máis destacadas na escena alternativa do Estado, a organización do festival confirmou esta mañá a Muyayo Rif, unha das propostas máis vitalistas e sorprendentes da escea catalá, e aos valencianos Periferia Norte, capitaneados pola poderosa JazzWoman. Un irresistible cóctel festivo que se suma ás dúas bandas xa anunciadas: a mítica banda bilbaína de pop-rock en euskera Zea Mays e os valencianos Zoo.

As entradas para o festival, cuxo festival se pechará ao longo das próximas semanas, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 31 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.

Comenta!

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies